O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 15 de mayo de 2014

A Vida é Bela


Este pasado luns participamos no concurso de bandas sonoras organizado pola ANPA "Tócaa outra vez, Xan". Disfrutamos moitísimo participando neste concurso para o que ensaiamos con moita ilusión unha adaptación do tema principal da película "A Vida é Bela".

Aínda estamos emocionados: uns por ser os gañadores do premio na nosa categoría, outros polos aplausos do público,...uns pola interpretación teatral de Carlos, Sara, Sofía e Emma, outros pola interpretación do Peque Coro.

Todo comezou coa linda voz de Emma (a nosa simpática narradora). Non é doado saír ó esceario soa, e falar ante centos de persoas. Bravo, Emma!



Continuamos coa posta en escea dos nosos adorables Guido e Dora...Dous pequecoristas que viven cun sorriso infinito nas súas caras, alegrando a todo ó que se atopan no seu camiño. En poucas palabras: perfectos nos seus persoaxes. Velaí o tenro abrazo dos nosos Guido (Carlos) e Dora (Sofía)




E que dicir do noso Josué... (a doce Sara). Era visto: sempre concentrada, cunha memoria incríble. Magnífica! 


Moitas grazas a Sara Pérez, a acordeonista que nos acompaña nesta obra. Unha auténtica delicia :



Para os que non puideron ver esta peque-representación, velaí unha estupenda montaxe do noso técnico:





O belo que é vivir!

No hay comentarios:

Publicar un comentario