O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 11 de febrero de 2014

Os nosos vídeos na IV Música pola Paz


Nesta IV Música pola Paz celebramos un ano máis o Día Escolar pola Paz. Velaí a nosa pequena homenaxe a Mandela, co canto bantú Abiyoyo, ademáis de recordar a Pete Seeger, quen espallou polos Estados Unidos este canto.



Tódolos nenos e nenas do mundo deberían ter dereito ó ensino: ir á escola cada día coa ledicia de aprender e compartir. E, pola noite, durmir soñando entre as estrelas mentres lle dan aloumiños cantando Sleep, my little sea.

Dicía Mandela: "A educación é a arma máis poderosa que podemos usar para cambiar o mundo".



Xa coñecedes ben a historia do Duerme negrito, na que unha nai traballa duramente no campo polo seu chiquitito.

Recordando unhas palabras de Madiba: " Derribar e construír é moi doado. Os heroes son aqueles que constrúen e traballan pola paz".



Despois destes cantos de berce, finalizamos cun canto alegre dos maoríes, Tutira mai, no que dí: "estamos todos de pé, en filas. Todos nós. Busca o coñecemento e a fraternidade entre tódalas persoas".
E despedíamos este concerto con outra frase máis de Mandela: "Nadie nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, ou da súa orixe, ou sa súa relixión".



3 comentarios:

  1. Hola Catuxa buenos dias queria saber si el viernes va a haber pequecoro

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Arai!:

      Si que temos ensaio. O venres volvemos ás clases no conser.

      Un abrazo para unha linda pequecorista de linda voz

      Eliminar