O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

viernes, 7 de febrero de 2014

Novas para o Venres 7 de Frebreiro


Despois da suspensión das clases no noso conservatorio na xornada de onte, hoxe voltamos á normalidade nas clases e en tódalas actividades.

Así que esta tarde o Peque Coro ofrece de novo a súa colaboración no concerto organizado polo Departamento de Convivencia: IV Música pola Paz.

@s pequecoristas chegarán á aula de orquestra ás 19:00 para preparar o corpo, mente e voz para este concerto.

Ata a tarde, querid@s pequecoristas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario