O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Recoméndoche...Dido e Eneas no Teatro Jofre


A miña primeira recomendación cando comecei a escribir neste blog foi  "Dido e Eneas" interpretada polo coro Cantabile da Coruña.

Un ano despois tedes a oportunidade de disfrutar desta ópera na nosa cidade! 

É unha ópera barroca interpretada por un coro infantil-xuvenil baseada na historia da raíña de Cartago, Dido, e o heroe troiano Eneas. Dido e Eneas foi a primeira ópera de Purcell, estreada en Londres no ano 1688. 

Aquí tedes a aria máis famosa, "O Lamento de Dido", na que Dido chora porque Eneas a abandona:



Eu non podo repetir experiencia por asistir a outras actividades musicais (@s profes tamén seguimos aprendendo e facendo cursos...), así que non me veredes. Mais, despois da súa estrea do ano pasado, insisto que merece a pena esta ópera para toda a familia.

Este domingo 9 de decembro ás 20:00 no teatro Jofre. Se precisades máis información, consultade a páxina do Teatro Jofre: Dido e Eneas 



4 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Asistín á representación do ano pasado e pareceunos magnífica e moi interesante que un coro xuvenil interpretase esta obra.

      @s pequecoristas que asistiron á representación no teatro Jofre ficaron marabillad@s.

      Parabéns a tódolos integrantes do Coro Cantabile.

      Eliminar
  2. Hola Catuxa son Andrea quria desearte unhas boas festas,encantoume a actuacion no jofre foy o mellor que me habia pasado na miña vida.



    Moitor bicos e ata o ano que ven.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Andrea!

      Para mín tamén foi un día especial que xamais esquecerei. Tódol@s pequecoristas podedes estar ben fachendos@s coa vosa actuación: fantástic@s!.

      E alégrome moito de que sexas unha pequecorista! Porque en cada ensaio amosas moita concentración e entusiasmo.

      Un bico moi grande para a pequecorista de gran e bonito sorriso.

      Feliz aninovo

      Eliminar