O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 26 de diciembre de 2012

Recoméndoche...A Pequena Frauta Máxica


Este mércores 26 de decembro a compañía Divertimento traerá ó teatro Jofre unha adaptación para nen@s da ópera A Frauta Máxica de W.A. Mozart. O coro de escravos que cantamos é unha adaptación que pertence a esta ópera. Coro de escravos da Frauta Máxica

A Frauta Máxica adéntranos no mundo da imaxinación e dos soños: o príncipe Tamino fuxe dunha gran serpe e refúxiase nun bosque no que cae desmaiado. Alí, coñecerá á Raíña da Noite e a Papageno, un home que caza paxaros para a raíña. Tres mulleres da corte da raíña da Noite ensínanlle a Tamino un retrato de Pamina, a filla da raíña que está secuestrada polo cruel Sarastro. E a partir dese intre comeza a aventura de Tamino e Papageno.

No seguinte vídeo escoitaredes a famosísima aria da Raíña da Noite:


Se queredes máis información para asistir a este concerto, consultade a continuación o enlace da páxina do Teatro Jofre: A Pequena Frauta Máxica.


2 comentarios:

  1. Hola Catuxa:

    Cuando nos recomendaste ir al concierto de los Chicos del Coro en Coruña yo dije que no iba a ir porque era de los Beatles y los había escuchado antes en la televisión antes. Después del concierto nos dijiste que habían cantado muy poco de los Beatles así que merecía la pena ir. Bueno, pués, yo creía que no pero siguen de gira, y dentro de unos días pasarán por Granada, así que nada, a verlo...

    Feliz Navidad desde Granada

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Martín:

      O Coro de Saint Marc sempre merece a pena escoitalos.

      En moitas ocasións, recoméndovos concertos da nosa cidade, aínda que non teña ningún tipo de referencias. É fundamental asistir a concertos para educar o noso oído, a nosa mente, o noso criterio. Ás veces, eses concertos non responden ás nosas expectativas positivamente. Mais, aínda que sexa para aprender o que non debe facerse, debemos asistir a moitos concertos.

      Ese coro é unha das mellores recomendacións para un pequecorista. Sen dúbida algunha.

      Que disfrutes do concerto, Martín.

      E Feliz Nadal dende Ferrol

      Eliminar