O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 10 de noviembre de 2012

Xogos auditivos para os máis peques

O curso pasado entrenábamos o noso oído cun divertido xogo grazas á páxina Pdi Música que nos ofrecía xogos gratuitos. Para @s máis peques será unha boa iniciación,...e para os veteran@s pode ser un momento entretido no que comprobaremos que xa avanzamos moitísimo na percepción auditiva. A tod@s gustaránnos estes orixinais xogos. 

Clicade sobre cada xogo e poderedes comezar o voso divertido entrenamento.

O xa coñecido Robinator que dispara as súa frechas a cada son


O xogo dos Indios e canoas no que terás que levar as distintas canoas ós espazos do pentagrama.


O xogo da Carreira pentatónica no que colocarás cada coche nunha das tecras negras do piano.



No xogo do Billar cromático colocarás cada bola do billar na tecra do piano correspondente. Atención que xogamos cos semitons!

Que teñades un divertido entrenamento auditivo!



2 comentarios:

  1. Os xogos son moi educativos e son entretidos, pero si os pais non sabemos de música , non podemos saber si os nosos fillos o fan ben ou non, xa que ao facelo non dice si esta ben.
    Grazas por este apartado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si podedes saber se están correctos. Explícome mellor:

      No xogo de Robinator, se o son non é correcto, queda marcado de vermello. E repite o mesmo exercicio ata que está realizalo correctamente.

      No xogo dos Indios e Canoas, se o indio están na canoa correcta, nese espazo aparecerá un río no que o indio comezará a remar. Ata ese intre, está incorrecto.

      No xogo da Carreira pentatónica, cando esté correcto, o coche comeza a circular polo circuito e, a continuación sae unha sinal de "Stop".

      Por último, no billar cromático, só está correcto cando a bola de billar comeza a xirar e escoitamos o son que se produce cando dúas bolas chocan entre sí. Ademáis, esa bola vólvese máis grande.

      Alégrome moito de que os pais e nais adiquedes tempo e interese neste entrenamento auditivo!

      Eliminar