O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

viernes, 10 de agosto de 2012

O loriño: un novo xogo para tódol@s pequecoristas


Grazas a ser seguidora do fantástico blog Henarmonia (que tedes na nosa lista de Enlaces de Interese),  descubrín unha páxina de xogos para a formación do oído musical. Nesta páxina, Theta Music Trainer,  atoparades varios xogos gratuitos. Para acceder a algúns deles teredes que rexistravos.

No xogo do loriño, que non precisa rexistro, só tedes que repetir as notas que canta o loriño nas teclas do piano. É moi doado. Clicade sobre a imaxe...e a xogar!

Animádevos tamén @s máis pequen@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario