O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 18 de agosto de 2012

Recoméndoche..."Raio de luz" por Kantika Korala




"Tódalas estrelas ocultas,
e a lúa nun campo de noite negra. 
Dende o Norte ó Sur de Iemen 
nin un raio de luz."





Unha vez máis recoméndovos ó fantástico coro Kantika Korala. Neste vídeo disfrutaredes da súa versión de Keren Or (Raio de luz): un canto hebreo á esperanza na que un raio de luz brilará dende ó Norte ó Sur de Iemen.



Coma sempre, un traballo exquisito de Kantika Korala a nivel vocal, instrumental e coreográfico. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario