O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 22 de julio de 2012

Recoméndoche..."Cantemos" pola Escolanía del Escorial


Hai tempo que non escoitaba este fantástico disco da Escolanía del Escorial. Grazas a Pablo e Álvaro, dous simpáticos e encantadores pequecoristas, volvín a telo nas miñas mans. 

Tod@ pequecorista debería de escoitalo porque interpretan marabillosamente unha selección de grandes obras de compositores de distintos estilos. 

Velaí vai unha mostra:

A Barcarola da ópera Os Contos de Hoffman do francés Jacques Offenbach (1819-1880). As barcarolas son melodías inspiradas nos cantos dos gondoleiros venecianos. Presentan un ritmo constante nun compás de 6/8 que recorda o remar dos gondoleiros. Pechade os ollos e imaxinádevos nun pazo de Venecia mentres escoitados un canto a unha bela noite, a un bonito amor.

Despois, volvede a abrir ós ollos e reparade na concentración, postura do corpo e colocación da boca destes nenos.



O Coro de rapaces da ópera Carmen do francés George Bizet (1838-1875). Nesta ópera cóntase a complicada historia de amor de Carmen e do soldado Xosé. A escea deste ópera sitúase diante dun cuartel de Sevilla. Uns rapaces imitan os movementos dos soldados e os sons das súas trompetas. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario