O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 9 de junio de 2012

Recoméndoche...Coro Cantabile


Na nosa viaxe ó Palacio da Ópera para disfrutar do concerto de Romeo e Xulieta, inmortalizamos a nosa presencia cunha fotografía na fervenza do Parque de Santa Margarida e o Palacio. E, coma xa comentamos, comezamos a cantar...antes de que a choiva nos silenciara.

Unha muller moi agradable achegouse onda nós para preguntarnos quen era este coro "que sonaba tan ben". E recomendounos escoitar ó coro Cantabile. Por suposto, que coñecemos a ese magnífico coro! Precisamente con eles abríamos a nosa sección do blog "Recoméndoche", para animar a tódol@s pequecoristas a asistir ó concerto de Dido e Eneas. Marabilloso traballo!

Cantabile é un fantástico coro infantil e xuvenil da Coruña que nace no ano 2002 con grandes proxectos. E dende entón: presentación de cd, concertos internacionais, presencia en grandes óperas...Queredes unha mostra?. Dous coros de grandes obras barrocas interpretados nun dos seus concertos en Roma.

Para @s futboleir@s esta obra fará que recordedes o himno da Champions League. No ano 1992 Tony Britten fai arranxos a partir da obra de Haendel, de ahí as semellanzas. Por suposto, escoitaredes o tema orixinal de Haendel: un coro do oratorio Zadok, the Priest (Zadok, o sacerdote). Un oratorio é unha obra relixiosa formada por coros, arias (interpetados polas voces solistas) e recitativos (estilo a medio camiño da fala e do canto) acompañados por unha orquestra.




A seguinte obra é a máis célebre da música relixiosa de Antonio Vivaldi: o Gloria. Unha obra da que escribiu varias versións para ser cantadas polo coro das nenas dun orfanato de Venecia: o Hospital da Piedade. Esta obra constaba de varias partes. Escoitaremos o momento musical máis célebre que abre esta obra polo Coro Cantabile: Gloria in excelsis Deo.



Unha das pequecoristas, Marta, máis a pianista e a directora, escoitamos a este coro compartindo esceario co Coro de Saint Marc no Teatro Colon da Coruña. Eles abriron o concerto e finalizaron cantando xuntos Vois sur ton chemin...Pequecoristas, xa sabedes, hai que estar atent@s para escoitar en concerto a Cantabile.

2 comentarios:

  1. muy parecido al himno de la champions league

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa sabes, Javi, agora cada vez que escoites o Himno da Champions, recordarás que está baseada nun tema de Haendel. Non hai lugar a dúbidas, verdade?

      Un abrazo para un fantástico pequecorista, e tamén fantástico futbolista!

      Eliminar