O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 12 de junio de 2012

Recoméndoche...Audición de Canto e Coro


Mañá ás 19:00 no auditorio José Arriola do noso conservatorio poderedes disfrutar do último concerto dos alumn@s de Canto e de Coro de Grao Profesional. @s alumn@s de Canto ofrecerán un programa cun repertorio de música española e o Coro unha selección de grandes obras.

Poderedes escoitar o impresionante Va, pensiero (Vai, pensamento) da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi (1813-1901): unha ópera de temática bíblica que foi estreada no Teatro alla Scala de Milán no ano 1842. O Coro de Escravos Hebreos canta a morriña á súa terra. Italia sufría a ocupación das tropas austríacas, polo que este coro convertiuse nun canto fronte a invasión:



Pequecorista, non perdas este concerto!

2 comentarios:

  1. Después del gran concierto de ayer y el "apoteósico" final, queda ir a otro (hoy en el jofre). Pero lo que quería decir es que hace unos días, escuchando la canción de compañeira, me acordé de que es de Fuxan os Ventos y se me ocurrió una idea: me pareció que a lo mejor les gustaba oír nuestra versión de la versión, y pensé en mandarle el vídeo por correo electrónico. Si te gusta la propuesta el correo es: fuxanosventos@fuxanosventos.net

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Martín, gústame a túa proposta. A verdade é que deste concerto final aínda non teño ningún vídeo nin fotografía... Se tes a gravación, animaríate a que a enviases ti: se eu fose a autora de Compañeira, agradaríame moito que un rapaz tivera esa iniciativa.

      Eliminar