Un día inesquecible
O día de onte será inesquecible para tódolos membros do Peque Coro: asistíamos ó espectáculo de Romeo e Xulieta, mais non queríamos renunciar ó noso ensaio. Así que: ensaio, xantar de tódol@s pequecoristas e despois, imos ata o Palacio da Ópera na Coruña.
O ensaio era máis longo do habitual, así que había que comezar ben relaxad@s.
Despois dun bo ensaio, o mellor: un bo xantar!
Xa recuperamos as forzas, pois a xogar: polo menos nós aproveitamos este bonito espazo do Auditorio (aínda sen inaugurar!)
Despois deste intenso partido, subimos ó autobus que nos levou á Coruña. Grazas a Álvaro e a Pablo, que fixeron un cd coa gravación en directo dos nosos concertos, cantamos toda a viaxe. Que magnífica viaxe!. Un dos pequecoristas máis pequenos fica abraiado: "ata saímos na radio!"
Para inmortalizar a nosa visita, queremos unha fotografía. "Por que non cantamos?", propoñen. Coma temos que esperar, paréceme unha idea magnífica. A auga rivaliza con nós, mais é un marco estupendo!.
E finalmente, Romeo e Xulieta: unha preciosa posta en escea cos monicreques da compañía Per Poc. Máscaras e teas de cores móvense, bailan, ata tremen coa música de Prokofiev interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia. Mágoa a mala calidade do son da amplificación da narradora: era moi difícil entedela. Para min, o momento máis impresionante: a célebre Danza dos Cabaleiros. Unha recomendación, agora mirade de novo os vídeos propostos para este concerto (Recoméndoche...Romeo e Xulieta) . De seguro, que disfrutades máis deles.
Un día inesquecible no que temos que agradecer o inmenso traballo das nais da ANPA e d@s compañeir@s de Conserxería. Grazas a Carmela, Ana, Marije e Manolo
Comentarios
Publicar un comentario