O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Recoméndoche...Romeo e Xulieta

Romeo e Xulieta (1880). Pasquale Romanelli

Por fin poderemos disfrutar este sábado do ballet Romeo e Xulieta de Prokofiev!. Mais non veremos bailaríns en escea, senón os monicreques da compañía Per Poc baixo a interpretación musical da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera de A Coruña.

Romeo e Xulieta é unha composición de Sergei Prokofiev baseada na gran historia de amor de William Shakespeare. Prokofiev remata a composición da partitura no ano 1935, mais os bailaríns rexeitan a súa obra porque consideran imposible de bailar pola súa complexidade rítmica. 

Romeo e Xulieta pertencen a dúas familias inimigas de Verona: os Montescos e os Capuletos. Romeo e Xulieta non poden evitar o seu amor, a pesares das prohibicións das súas respectivas familias.

Coñeceránse nunha festa no palacio da familia Capuleto. Xulieta Capuleto entra no palacio durante o baile e alí aparecerá Romeo Montesco cunha máscara; tiña que agocharse por tratarse dun Montesco. Esta é a escea que corresponde a esta Danza dos Cabaleiros do ballet de Prokofiev:


E para que vos fagades unha idea do espectáculo que alí veremos pola Compañía Per Poc:


Pequecoristas, pasaremos unha estupenda tarde de concerto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario