O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 22 de abril de 2012

Xoga cos compositores barrocos



Xa que este semana estivemos "tan barrocos" imos a xogar cos apelidos polos que se fixeron célebres algúns compositores deste período. Recordades que obras do Barroco cantamos? E o seu compositor? No noso repertorio deste ano engadimos o Himno á Noite de Rameau e Giá il sole dal Gange de Alessandro Scarlatti. Cos estes xogos iremos aprendendo máis compositores barrocos.

Busca nesta sopa de letras o apelido de compositores do Barroco. Clica sobre a imaxe e poderás comezar.




Poderás relacionar os compositores co seu país de nacemento?. Xa sabes, clica sobre a imaxe.

Compositores do Barroco I

Compositores do Barroco II

Compositores do Barroco III


No hay comentarios:

Publicar un comentario