O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

viernes, 27 de abril de 2012

Recoméndoche...Coral Diapasón



Esta tarde ás 19:30 actuará no auditorio do noso conservatorio a Coral Diapasón. Anímate a pasar outra tarde disfrutando de música coral. Nesta ocasión, escoitarás un coro mixto, formado por voces de mulleres (sopranos, as voces máis agudas e contraltos, as máis graves), e voces de homes (tenores, as voces máis agudas e baixos, as máis graves). Que si fas ben as contas, sumarás 4 voces. 

Por certo, varios dos seus membros son alumn@s do noso conservatorio. Vémonos ás 19:30!


No hay comentarios:

Publicar un comentario