O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 23 de abril de 2012

Os fantásticos libros voadores




Esta tarde, co motivo do Día do Libro, moit@s dos pequecoristas asistirán cos seus compañeir@s á Biblioteca para ver unha preciosa curtametraxe de animación Os fantásticos libros voadores do Señor Lessmore. Unha marabillosa curtametraxe que coñecín grazas a unha das nosas pequecoristas, Clara. Ademáis de ter unha temática que invita a que tódol@s nen@s collan paixón polos seus libros, a súa música é exquisita.

Xa que non hai diálogos a música cumpre un papel primordial. Falaremos dela esta tarde. E aproveitaremos para realizar o noso dictado a partires da interpretación que fai o Humty Dumpty no piano.




Para @s que non poidades asistir...

No hay comentarios:

Publicar un comentario