O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 15 de abril de 2012

O Sol sobre o Río Ganxes


Para o Maratón Barroco, ademáis do Himno á Noite, estamos ensaiando Giá il sole dal Gange: unha aria de Alessandro Scarlatti (Palermo, 1659- Nápoles, 1725).

Esta aria aparece na ópera A honestidade no Amor (1680), composta por Scarlatti cando tiña 19 anos. Compuxo moitísimas óperas (máis de 100) e outros xéneros de música vocal.

Xa poidemos escoitala días atrás na entrada Perlas barrocas. Unha delicia escoitala con acompañamento orquestral: na maioría das versións que atopamos na rede son con acompañamento pianístico. Igual que a nosa proposta, mais con coro de nen@s!. Quen o diría...mais as voces dos pequecoristas brilan coma o Sol sobre o río Ganxes!.

Xa o sol sobre o Ganxes
brila máis forte
e seca cada bágoa 
da alba que chora.

Cada raio dourado
adorna cada aspa
e as estrelas do ceo
pintan o prado.

Na seguinte versión, escoitarédela por un contratenor: unha voz masculina con rexistros máis agudos que un tenor. Un contratenor ten unha voz moi clara e lixeira. Coma o célebre Philippe Jaroussky (recordades?...con quen nos imaxinábamos un concerto no Pazo de Versalles).


No hay comentarios:

Publicar un comentario