O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 30 de abril de 2012

Novas da pequepomba para o día 5 de Maio


Levo no meu pico unha mensaxe para tódol@s pequecoristas:

"Lembrade que o ensaio deste sábado día 5 queda cancelado porque estaremos case tódol@s pequecoristas, mais a pequepianista e a pequedirectora no curso de Polo Vallejo (agardamos con ilusión a súa chegada!)

Ensaiaremos no auditorio o xoves 3 de 19:30 a 20:30 tódol@s pequecoristas e de 19:30 a 21:00 @s pequecoristas de 3º G.E. 

Ata xoves. E @s que non poidades, vémonos no curso,...ou no próximo ensaio"

No hay comentarios:

Publicar un comentario