O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 24 de abril de 2012

Fiana e Névia: as nenas que lles cantan ós animais



Hoxe veremos uns vídeos feitos por unhas nenas chamadas Fiana e Névia. Son dúas irmás, que entre moitas outras cousas, comparten a súa paixón pola Música: Fiana é guitarrista e Névia,  clarinetista. E son dúas pequecoristas que cantan realmente ben. Coidan con moito agarimo ós animais: e mímanos cos seus cantos.  Por iso o seu gato e o seu paxaro están ben felices.


O seu gato baila e mesmo semella que canta Giá il sole...Ben sabemos que canta en playback, aproveitando a voz de Fiana




O seu paxaro non pousa tranquilo porque lle gusta moito o canto de Névia: "Canta, paxariño alegre".  Ata acompáñaa cun ostinato!. Quen diría que esta Alborada con letra de Rosalía de Castro formaría parte dunha imaxe de toilette?



Encántame pensar que as cancións que ensaiamos os sábados no Peque Coro forman parte da vida cotiá d@s nen@s. Velaí tiñamos dous exemplos.

Grazas, Fiana e Névia, por compartir con nos estes simpáticos e bonitos vídeos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario