O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 3 de abril de 2012

Desolación















Hai unhas semanas impresionábame esta imaxe de Manuela Barjas, unha muller valente quen ós seus 83 anos loitaba contra ó lume en Vilar de Santos (Ourense). A súa mirada é o espello dunha alma desconsolada que vagabundea entre unha paisaxe reducida a cinzas.

Estes días, de novo, a destrucción. O lume arrasou coa vida das Fragas do Eume. Imposible de crer que sexa un ser humano o culpable de tal atrocidade. 

Dende logo, o desalmado que prende lume a este espazo natural tan prezado non pode ser un músico. Alguén tan insensible non pode saber cantar, non pode ser unha poeta, nin un bailarín, nin un actor...Dende logo, non coñece a Beleza, nin pretende aproximarse a ela. A súa vida está chea de horror e barbarie. Mais non me podo compadecer nin unha migalla da persoa culpable que prende lume ás Fragas.

A súa insensibilidade ante a Beleza non lle permitirá comprender unha das arias máis delicadas e fermosas de Haendel. Nin comprenderá como este gran compositor barroco adica unha melodía, tan triste como un lamento, a unha árbore.

Haendel estreaba en Londres un 15 de abril de 1738 a súa ópera en italiano Xerxes. Nela aparecía esta aria Ombra mai fu, no momento en que o rei Xerxes séntase á sombra da súa árbore favorita


   Ombra mai fu                                                    Nunca houbo unha sombra
   di vegetabile                                                      de pranta algunha
   cara ed amabile                                                máis querida e amable
   soave piú.                                                          nin máis suave.


Unha aria triste para unha noticia triste.





No hay comentarios:

Publicar un comentario