O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 10 de marzo de 2012

Tonalidade...?


Dende o curso pasado, na que eu era a profesora de alumn@s de 2º de G.E., insistimos moito na importancia de reparar na tonalidade antes de comezar a cantar unha nova melodía. Tanto insistimos que Ana adicoume un debuxo no que eu pregunto: "Tonalidade", e alegremente respóndenme.

(Un segredo...encántame este debuxo. @s que coñecedes a aula, hai que recoñecer que hai detalles inconfundibles: na miña mesa o mini-piano feito de papel por Claudia, o meu super lapis coa clave de sol...O que máis me gusta é o sorriso de tódol@s nen@s antes de comezar a cantar)

Volvendo o tema: moit@s alumn@s non miraban a armadura e deixábanse levar pola acompañamento do piano, e cada nota que cantaban supoñía un risco. (Buf!... que suor...en la menor aparece un sol sostido!). E claro que é un risco comezar a cantar sen saber a tonalidade!. Imaxinades un paracaidista que se lance dende o alto dun helicóptero sen o seu paracaidas?. Pois o noso paracaidas é a tonalidade...prepara a nosa viaxe pola melodía.

Primeiramente debemos mirar a armadura: e centráte nesa melodía. Maior ou menor?. Entoa a súa escala, o acorde arpexiado da súa tónica...Cal é a súa tónica? Dominante? No modo menor,...sensible?. Xa tes o teu oído preparado...o que é máis importante: a túa mente está preparada. Agora a túa voz sempre vai responder. 


PEQUECORISTA, POLA TÚA SEGURIDADE, 
MIRA A TONALIDADE!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario