O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 27 de marzo de 2012

Recoméndoche...Selección de óperas de Mozart



Os alumnos e alumnas de Canto e de Coro de Grao Profesional interpretarán no auditorio do noso conservatorio unha selección de óperas de Mozart , todas elas cunha explicación do argumento de cada ópera. O mércores será a estrea, e estarán no público os nosos compañeiros e compañeiras do proxecto Comenius. Para aqueles que non poidades asistir o mércores (ou xa estea o auditorio repleto...), o venres haberá de novo esta representación.

Escoitaremos unha selección de arias de Bastián e Bastiana. Sabedes que foi unha das primeiras óperas de Mozart?. Como curiosidade, escribiu esta ópera cando tiña só 11 anos...Si, si, dixen ben:...11 ANOS!

Ademáis dunha selección de arias, dúos, tercetos de La finta semplice (A inxénua finxida), Cosi fan tutte (Así fan todas), Le nozze de Fígaro ( As vodas de Fígaro)...


O Coro pechará o concerto con fragmentos de Idomeneo, rei de Creta. O libreto desta ópera está baseado nun mito grego: Idomeneo, o rei de Creta que loitou na Guerra de Troia. Cando Idomeneo regresaba á súa terra unha forte tempestade poñía en perigo a tripulación da súa embarcación  e suplicou ó rei dos mares, Poseidón, que se regreba a casa, sacrificaría no seu nome á primeira persoa que atopara en terra. Para o seu horror, a primeira persoa que atopou foi o seu fillo. Sen embargo, na ópera mozartiana o final cambiouse por un final feliz.

Para aqueles que disfrutades das historias de aventuras, Idomeneo é a vosa ópera.

No seguinte vídeo aparece en escea as tropas de Creta chegando á praia e reencóntranse coas súas esposas despois do naufraxio no seu regreso da Guerra de Troia. Con tal alegría canta a Neptuno...Ah! Estaba tan concentrada contándovos o mito de Idomeneo que esquecía un detalle moi importante!.Na antiga Roma, as súas divinidades e historias mitolóxicas son as mesmas que as de Grecia, mais reciben outros nomes. Así, o deus grego dos mares é Poseidón, mentres que para os romanos, o mesmo deus dos mares recibe o nome de Neptuno. Na ópera de Mozart, as súplicas de Idomeneo son a Neptuno.






Aínda tes dúbidas de asistir ó concerto?

O mércores e o venres ás 19:00 no auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño de Ferrol.



2 comentarios:

  1. Hola. Disculpa que no me dirija a ti en gallego, pero las limitaciones de mi educación me lo impiden. Quería felicitarte por tu blog, y, particularmente, por los muñequitos de Mozart, que me encantan. ¿Es mucho preguntar si son tuyos o cómo se consiguen? ¿Tienes/hay de otros compositores?

    Para que la cosa no parezca de una cara dura impresionante, éste es mi blog, en el que verás que pongo a disposición de quién lo precise o quiera todo tipo de material.

    http://enriqueblanco.net/

    Muchas gracias por tu atención

    ResponderEliminar
  2. Hola. Sólo la buena disposición de leer un blog que no es tu propio idioma, indica el respeto hacia ese idioma.

    Los muñequitos de Mozart los encontré en la red. Corresponden a un juego "Little Big Planet". No los encontré de otros compositores.

    Conozco tu blog y es muy interesante, muy útil, y con buenas dosis de humor.

    Ya que mi blog está destinado a alumn@s de Grado Elemental, muchos de tus contenidos se nos escapan de nuestras posibilidades de entendimiento. Aunque tienes material muy impresionante para ell@s en "Cosas curiosas". Muchas gracias por ponerlos a nuestra disposición.

    Un saludo

    ResponderEliminar