O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

viernes, 23 de marzo de 2012

Recoméndoche...Los Chicos del Coro en concerto






Contra vento e marea, debedes loitar para poder asistir ó concerto do Coro de Saint-Marc, coro que se coñeceu internacionalmente a partires da película Los Chicos del Coro. Os nenos e nenas da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo téñeno máis doado ca nós. Mais podedes insistir ós vosos pais e nais e saír toda a familia da casa para pasar a tarde do domingo  nun concerto que non esqueceredes.

Nesta xira de concertos, este marabilloso coro interpretará as súas versións de temas de The Beatles. Xa comentei tempo atrás o meu parecer sobre este último cd...(sen dúbida, para mín non posúe a forza emotiva da banda sonora de Los Chicos del Coro), mais é un coro fantástico.

Ademáis teño a esperanza de que interpreten temas da película. Por exemplo...




Outros temas do DVD Los chicos del coro en concierto son un excelente exemplo para tódolos coros de voces brancas. A tódolos pequecoristas encántanos a súa versión do Himno á Noite. Que delicia!. O seguinte vídeo tamén vos emocionará: Pie Jesu de Andrew Lloyd Webber 



Sería xenial ver o Teatro Rosalía da Coruña cheo de pequecoristas dispost@s a disfrutar con outr@s nen@s que cantan marabillosamente. Tomade nota: domingo 15 de abril ás 20:00 no Teatro Rosalía da Coruña.

Eu xa teño a miña entrada! E outra para a nosa querídisima pianista!. 

Información sobre a venda de entradas, clicando a continuación: Q'concerto 



1 comentario: