O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 20 de marzo de 2012

Primeiro día da primavera


O 20 de marzo tráenos a primavera. Dende a nosa tranquila cidade temos a sorte de poder escoitar cantar os paxaros neste día cheo de luz. Ademáis de escoitar o precioso e alegre piar dos paxariños, propoño que escoitedes para a entrada na primavera o Dúo das Flores de Léo Delibes, un compositor francés de música escénica, máis coñecido pola súa música para ballets.

Este dúo forma parte da ópera Lakmé (estreada en 1883): unha obra ambientada na India de finais do século XIX. Para @s pequecoristas sonará moi estraño, pero debedes saber que nesa época a India era un país dominado polo imperio británico. Así que en Lakmé aparece unha historia de amor prohibida entre un militar inglés, Gerald, e Lakmé, a filla dun sacerdote hindú. Cantas historias de amor prohibidas existen en distintas épocas e culturas!

O dúo das flores cántase no primeiro acto da ópera. Lakmé aínda non coñece a Gerald, e está recollendo flores xunto con Malika, a súa escrava. De novo, unha idea sorprendente e inaceptable para calquer nen@ do séuclo XXI: a escravitude...

O dúo das flores intepretado pola soprano Anna Netrebko e a mezzosoprano Elina Garanca...a frescura dunha mañá de primavera, o cantar dos paxaros e o arrencendo das rosas aparecen neste delicado dúo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario