O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

viernes, 30 de marzo de 2012

Noraboa ós alumn@s de Canto e Coro




  
Noraboa ós alumn@s de Canto e ós de Coro de Grao Profesional. 






Entre o público que agradeceu o concerto cunha forte ovación, varias pequecoristas máis eu estábamos amosando o noso entusiasmo. Iria S., Carla F., Gabriel A., Inés A., Saúl G., Teresa F., Candela F., e Raquel D. tiñan a difícil tarefa de presentar en escea a selección de arias de Mozart. Saíron triunfantes.

O Coro estivo apoteósico...os solistas do Coro (Carolina H., Carla F., Elena R., Patricia F., Iria F.,  Simón P. e Pablo M.) merecen tamén unha especial mención. Os seus cantos de seguro que eran escoitados por Neptuno.

Outro gran aplauso para o Cuarteto de Metales C-Brass e Marta S., ó oboe


Ademáis hai que felicitar á profesora  Luz A., polo seu traballo como mestra de Canto, pola posta en escea, pola súa creación da narración para que comprendésemos os argumentos das distintas óperas,...felicitacións para a pianista que se enfrentaba o difícil reto de interpretar reduccións orquestrais, (que gran pianista...e que sorte temos no Peque Coro de contar con Alexandra!).

Para pechar esta louvanza, o mellor será escoitar unha aria de Mozart. Así que, un momento que disfrutamos neste concerto: a célebre aria Voi che sapete do personaxe de Cherubino en As vodas de Figaro . Cherubino é un rapaz que rapidamente se namora e canta nesta aria: "vostedes que saben que cousa é amor, mulleres, díganme se eu o teño no corazón".

O personaxe de Cherubino sempre é interpretado por mulleres. Coa seguinte interpretación de Frederica von Stade (unha mezzosoprano estadounidense) sobran as palabras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario