O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 20 de febrero de 2012

Recoméndoche unha viaxe á Polinesia escoitando...


Viaxa á Polinesia escoitando ó coro infantil do Conservatorio de Música de Lugo. Ademáis, xa é hora de ir coñecendo ós nosos colegas: dentro duns meses faremos un concerto xuntos en Lugo e outro en Ferrol. Tod@s estamos moi ilusionad@s con este proxecto. 

Como ámbolos dous coros temos dentro dos nosos repertorios obras en común, será fantástico poder compartir escenario tódolos coristas.

Ahí vai unha mostra do traballo deste coro dirixido por Henar Matesanz que nos fai viaxar ata a Polinesia co seu Tongo, unha canción que tamén cantamos no Peque Coro do Xan Viaño:


O seguinte vídeo merece un gran aplauso de tódolos pequecoristas, xa que sabemos o difícil que é conseguir o efecto da choiva.  Noraboa a tódol@s nen@s de Lugo e á súa directora.


Se queredes ver máis vídeos deste coro, visitade a sección de "Coro" da páxina de Henarmonía (páxina moi interesante con recursos de Linguaxe Musical) que seleccionamos neste blog nos Enlaces de Interese.

Un saúdo a tódolos coristas do Cmus de Lugo. Ata pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario