O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 9 de febrero de 2012

Recoméndoche...O Carnaval dos animais no teatro Jofre


O próximo domingo 12 ás 13:00 podedes disfrutar da obra de Camille Saint-Saens "O Carnaval dos animais" nun versión dramatizada do Quinteto de vento IBERT (frauta, clarinete, oboe, trompa e fagot).

Saint-Saens compuxo esta obra no ano 1886 pensando nunha broma musical para o antroido; aparecen leóns, galiñas, tartarugas, elefantes...

Nos seguintes vídeos tedes unha selección do Carnaval dos Animais

O elefante



Acuario



O cisne



Así que, esta fin de semana ademáis de vernos no ensaio deste sábado, espero que nos vexamos o domingo no Jofre.

1 comentario: