On suuri sun rantas autius
No ensaio desta mañá descubrimos unha peza moi tenra, tanto na súa letra coma na súa música.
Eu coñecín On suuri hai un tempo e tíñaa reservada para o momento oportuno de poder adicarnos a esta obra. A nosa versión é unha adaptación a dúas voces que fixemos a partir da harmonizada por Matti Hyökki (director coral finlandés). O momento chegou, e ademáis nunha ocasión perfecta.
On suuri é unha canción tradicional finlandesa. E este curso no noso conservatorio teremos a visita dos nosos colegas finlandeses cos que formamos parte dun proxecto de intercambio de Comenius. Queremos adicarlles esta marabilla na súa visita.
Esta melodía delicada cóntanos os recordos dunha moza:
É grande a soidade das túas ribeiras.
Sinto morriña
do lamento do parruliño silvestre
que resoaba entre os xuncos pola tardiña.
Un parrulo soíño e perdido,
un parrulo chorando de frío
que daba voltas entre os xuncos
sen atopar á súa nai.
As túas ondas grises
observei con ollos chorosos:
foi nas túas costas onde a miña mocidade
derramou as primeira bágoas.
A imaxe permanece gravada no máis profundo
e aínda agora síntoa con añoranza,
escoitando moitas noites
o canto do parrulo naquel lugar.
Pequecoristas, eiquí o On suuri polo Coro de Nenos de Washington.
Pechade os ollos... e imaxinade ó pobre parruliño...ata escoitaredes o seu triste e fermoso canto.
Pechade os ollos... e imaxinade ó pobre parruliño...ata escoitaredes o seu triste e fermoso canto.
Comentarios
Publicar un comentario