Grazas, ANPA. Grazas, Alma


Queremos dalas grazas á Asociación de Nais e Pais do noso conservatorio pola súa colaboración, coma en tantas outras ocasións, na posta en escea no Día da Paz. A súa paixón pola papiroflexia fixo posible que cada un dos pequecoristas levásemos pombas da paz para agasallar ó público.

Como vedes na fotografía, O Peque Coro cantou pola Paz cos seus paraugas. Seguimos a proposta do Seminario Galego pola Paz, para sumarnos ó movemento "Paraugas pola Paz". Así que o O Peque Coro pola Paz.

Tamén queremos agradecer a invitación de Alma, profesora de piano e coordinadora do Equipo de Convivencia, para participar neste bonito maratón pola Paz.

Por certo, esta pomba feita con elementos da grafía musical é unha xenialidade de Alma.

Noraboa polo éxito deste concerto solidario con Médicos Sin Fronteras.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento