O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Cantas alteracións? Que tonalidade é?

Pequecoristas de 3º e 4º de G.E. velaí tedes unha boa maneira de repasar as tonalidades grazas a unha actividade que ofrece gratuitamente a páxina web de Pdi Música

Clicando sobre a imaxe xa vos leva a esta actividade que consiste en repasar tódalas tonalidades maiores con sostidos ou bemois a partir dun teclado...A sorpresa é que non se trata dun teclado dun piano, tal e como tod@s estaríades pensando...senón o teclado dun ordenador!

Ademáis é moi útil porque nos recorda o truquiño para saber a tonalidade a partir da armadura (sostidos: sobe unha nota; bemois: repara no penúltimo bemol).

Pulsa cada tecla e así aprenderás ben tódalas tonalidades. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario