O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 11 de febrero de 2012

Aprende as escalas con Beethoven

Aprende as escalas maiores con Beethoven é un recurso fantástico da páxina Pdi Música. Especialmente @s pequecoristas de 3º de Grao Elemental e @ nos@s compañeir@s de clase (xa que en Linguaxe estamos con este tema) podedes aproveitar este xogo que nos explica a construcción das escalas maiores a partir do patrón: 

TON-TON-SEMITÓN-TON-TON-TON-SEMITÓN.

Practicade a construir as escalas maiores a partir de cada tecla do piano. A xogar con Beethoven!

1 comentario:

  1. Me gusta mucho Está muy original y puede ayudar a los alumnos a comprender y estudiar las escalas de una manera más entretenida

    ResponderEliminar