O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 29 de febrero de 2012

220 aniversario do nacemento de Rossini






Un 29 de febreiro nacía en Pésaro (Italia) un neno que se chamaría Gioachino Rossini e que se convertiría nun dos grandes compositores de ópera, tanto cómica coma seria.

Hai uns meses coñecimos un pouco da súa música a partir da sección "Recoméndoche..." para que asistírades ó concerto didáctico da Cincenta (unha das súas óperas).


Así que 220 anos despois do seu nacemento podemos adicalo a volver a recordar unha das súas obras: O barbeiro de Sevilla. O curso pasado os pequecoristas puidemos disfrutar desta ópera nunha versión adaptada para nen@s no Palacio da Ópera da Coruña. Ademáis de apreciar a música rossiniana, aínda botamos unhas boas gargalladas...Eiquí tedes  unha adaptación do célebre Barbeiro de Sevilla co conto que nos ofrece en Cuéntame una ópera. Clicade sobre a imaxe.



E xa para despedirnos neste 29 de febreiro recordando a Rossini, unha das súas xenialidades: o dúo dos Gatos interpretado por dous solistas de Les Petits Chanteurs a la Croix de Bois.



1 comentario: