O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 4 de enero de 2012

Recoméndoche...Los Chicos del Coro


Este venres 6 de xaneiro ás 18:00  poderemos disfrutar do coro de Saint Marc de Lyon (Francia) cantando temas do seu novo cd na cadea de televisión La 2: Los chicos del coro cantan Los Beatles.


No seguinte vídeo tedes unha selección das súas versións dos temas do grupo de Liverpool (The Beatles) no seu 50 aniversario, mentres están grabando eses mesmos temas.






De seguro que vos gustou o coro de Saint Marc. Sempre merece a pena escoitalos. Pero teño que sincerarme con vos: a mín entusiásmame este coro, mais neste último cd non atopo  o encanto que nos emocionou a milleiros de persoas coma co cd da banda sonora da película Los Chicos del Coro

Aproveitade estes días que aínda nos quedan de vacacións e mirade a película Los Chicos del Coro: moitos dos pequecoristas érades moi pequen@s cando se estreou esta película, xa que foi no ano 2004. 

Trata da vida dos nenos nun internado e de como un novo coidador, Mathieu, apréndelles a cantar. E vaia coro!

Era o coro de Saint Marc o que cantaba na película.



Podía falar e falar do moitísimo que me gustou a película, 



da historia preciosa de Pépinot...





da voz preciosa de Moranghe...







pero non serían suficiente as palabras. Tedes que ver Los Chicos del Coro.

Eiquí un dos meus temas favoritos nun dos concertos despois do gran éxito que tivo o coro de Saint Marc coa película. Que o disfrutedes. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario