O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 15 de enero de 2012

Recoméndoche...Kantika korala

Ademáis de escoitar música por pracer, todo músico debe escoitar moita e diversa música como parte da súa formación. @s pequecoristas non só estamos educando a nosa voz, senón o tamén o noso oído e o noso gusto musical. Por iso, sempre quero seleccionar bos exemplos de música vocal. 

Sen dúbida, Kantika korala é un excelente exemplo. Este coro nace no ano 2001 no conservatorio de Leoia (Biscaia) . @s raparig@s  (de 10 a 17 anos) xunto con Basilio Ástulez (o seu director) levan a escea as súas interpretacións cheas de cor. E non só é a súa vestimenta alegre; das súas interpretacións saen faíscas de cores.

Neste vídeo escoitaredes unha peza de George Gershwin: Clap your hands.


Prometo que volverei a poñer vídeos de Kantika nun futuro...Non podo ocultar que é un dos coros xuvenís que máis me gusta polo seu resultado musical, polas súas coreografías, pola súa sinxela e alegre vestimenta, pola mestría do seu director...mais, se non podedes esperar, tedes a continuación o enlace á súa páxina. Enlace: Kantika korala.


Espero que este Clap your hands de Kantika vos cargue de enerxía para o próximo ensaio...


No hay comentarios:

Publicar un comentario