O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 12 de enero de 2012

Recoméndoche...A Cincenta








O sábado 28 de xaneiro ás 12:00 no Palacio da Ópera da Coruña, a compañía Comediants ofrecerá unha adaptación dunha ópera cómica, dentro dos concertos didácticos que organiza a Orquesta Sinfónica de Galicia: A cincenta de Gioachino Rossini.  Esta ópera (A Cincenta, ou sexa a bondade triunfante) escribiuna Rossini cando só tiña 25 anos e está baseada nun conto de fadas.


A Cicenta é unha persoaxe dun conto de fadas da que existe varias versións en toda Europa. Unha das versións máis coñecidas é a de Charles Perrault: un escritor francés que recopilou no seu libro Os contos de mamá Gansa contos infantís famosísimos como Carapuchiña vermella ou o Gato con botas. Este libro publicouse no ano 1697!!!

Outra versión moi coñecida é a dos irmáns Grimm: Jacob e Wilhelm Grimm, quenes publicaron Contos de fadas dos irmáns Grimm no ano 1857. Recollían contos tradicionais alemáns e adornaban esas historias. Nesta colección de contos aparecía Brancaneves, A Cincenta, A Bela durminte, Hänsel e Gretel...

A Cincenta é a Cinderella inglesa,  a Cenerentola italiana, a Cendrillon francesa, a Cenicienta española, a Ventafocs catalana...a Aschenputtel alemana, a Soluschka rusa...

A persoaxe da Cincenta atópase en distintas culturas e épocas: existía a Rhodopis no antigo Exipto ou a Yeh Shen en China.

Na literatura do Romanticismo aparece en moitas ocasións a figura da Cincenta con outros nomes, como Aschenbrödel, e acompañada sempre de pombas.





Penso que xa sabedes perfectamente a historia da Cincenta, así que paro de falarvos da protagonista do conto de fadas.





Para que vos animedes a ir a este concerto, déixovos un vídeo da compañía Comediants...e así vos facedes unha idea do espectáculo


Como é un concerto en familia, déixovos o enlace para que xunto co voso pai e a vosa nai fagades as actividades do caderno educativo, o que vos axudará a coñecer máis a ópera de Rossini. Enlace: Caderno educativo.

Esta aria é unha das máis célebres da ópera: Non piú mesta (Nunca máis triste)



Se aínda queredes máis, na fantástica páxina de Cuéntame una ópera, tedes a historia en forma de conto da ópera de Rossini, acompañada da música deste compositor italiano. Enlace:  A Cincenta

Por último, mirade a simpático programa de televisión Club Pizzicato, quenes adicaron un capítulo á coñecer a música de Rossini e presentan curiosidades que vos gustarán. Enlace: A cociña de Rossini.

Pequecoristas, animade á vosa familia!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario