O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 1 de enero de 2012

Feliz 2012

Deséxovos a tódolos pequecoristas, ós seus familiares e amig@s, un feliz aninovo con moitas alegrías e marabillosos momentos musicais.

E que mellor maneira de comezar o ano que escoitando este momento do concerto de aninovo da Filarmónica de Viena e os Nenos Cantores de Viena, baixo a dirección de Mariss Lansons, interpretando a divertida Polca de Joseph Strauss A proba de fogo.




FELIZ ANINOVO, QUERID@S PEQUECORISTAS!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario