O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

viernes, 16 de diciembre de 2011

Recoméndoche...Magnificat de Vivaldi


Este martes 20 de decembro o coro de Grao Profesional e @s alumn@s de Canto do noso conservatorio traen ó noso auditorio o Magnificat de Antonio Vivaldi (Venecia, 1678-Viena, 1741). Seguro que coñecedes de Vivaldi os seus concertos para violín "As Catro Estacións".


Vivaldi, compositor do Barroco,  tamén compuxo obras vocais de distintos xéneros: música para escea (óperas) e música relixiosa, como este Magnificat. Nesta obra escoitaredes partes para coro e outras para solistas (arias), acompañados polas cordas dos Ponticello e ó piano, Alexandra Pita. A directora é Luz Alonso, a profesora de Canto.



Saberías dicir en que idioma cantan? Presta atención no concerto...na actualidade ninguén fala ese idioma,  mais, moitas línguas vivas a día de hoxe naceron a partir del. Ademáis desta pequena pregunta, rétoche a que investigues se Vivaldi tocaba o piano. Este reto é máis complicado. Descubrirei estes enigmas despois do concerto.

Para animarte a vir a este audición, ahí vai este vídeo cunha das partes do Magnificat.

No hay comentarios:

Publicar un comentario