O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Recoméndoche...Dido e Eneas



Non te perdas a oportunidade de asistir ó Dido e Eneas na versión do Coro Cantabile da Coruña. Este coro infantil-xuvenil poñerá en escea unha ópera do compositor barroco Henry Purcell.

Dido e Eneas foi a primeira ópera de Purcell, estreada en Londres no ano 1688. Trata da historia de amor entre Dido, a raíña de Cartago, e o heroe troaino Eneas. E da desesperación de Dido cando Eneas a abandona.

Aquí tedes a aria máis famosa:"O Lamento de Dido".


Se te animas, verémonos o martes 27 de decembro no Teatro Colón da Coruña. Eso sí, asegúrate antes de saír da túa casa que queden entradas (información na web Galicia Classics).

2 comentarios:

  1. Mucha suerte con el Blog, da mucho trabajo pero merece la pena.Era la guinda que necesitaba el peque coro para ampliar sus conocimientos y tener más éxito si cabe.Despois disto eu propoño unha xira internacional!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Graci. Creo que así @s pequecoristas poden disfrutar máis co seu repertorio e os maiores tamén nos contaxiamos coa súa ilusión.
    De novo, grazas polo apoio.

    ResponderEliminar